O pasado venres estivemos con 22 alumnos do bacharelato científico-tecnolóxico do Colegio Internacional Eirís.
Foron recibidos nunha xornada organizada pola Facultade de Ciencias, na que a vicedecana de Calidade, Elisa Beceiro, explicoulles as peculiaridades dos títulos impartidos no centro.
Os profesores Manuel Pimentel e Julio Parapar acompañáronos en obradoiros interactivos sobre botánica e zooloxía.
O presidente de UDCbigbang, Ignacio Delgado, e mais a profesora Elisa Beceiro, ensináronlles o proxecto sobre a táboa periódica que estamos a facer en colaboración coa facultade a través duns experimentos moi visuais.
Un pracer divulgar para alumnos tan interesados!
Fin de semana impresionante na @makerfaire Galicia, de onde volvimos co segundo premio na categoría "Divulgación científica" polo noso proxecto da táboa periódica xigante, que estamos a realizar coa Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da @udc_gal
Tecnoloxía, ciencia, creación e emprendemento, experimentos, divulgación, charlas e obradoiros... unha experiencia inolvidable.
Moitas grazas á @sxgquimica por animarnos a ir e pola súa axuda e unha aperta aos demais makers!
#makerfairegalicia #maker #makerfaire