Atención! A semana que ven celebraremos a 𝟰ª 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗴𝗼𝗺𝗲𝗹𝗼𝘀 🍄🌿 na Facultade de Ciencias da @udc_oficial en colaboración co GMG e a @oficina_medio_ambiente_udc
Como outros anos, faremos unha expo colaborativa, así que aproveita a fin de semana para recoller cogomelos!
O luns 28, obradoiro de identificación de man de expertos micólogos e o día 1, aproveitando o festivo, saída micolóxica no Monte da Fraga pola mañá.
Apúntate ás actividades no noso mail: udcbigbangdivulgacion@gmail.com
Os protagonistas dos carteis deste ano son dous fungos invasores: Favolaschia calocera e Clathrus archeri