Construción dunha táboa periódica xigante na Facultade de Ciencias da UDC

Imagen3

No ano 2016, comezamos a construción dunha táboa periódica en gran formato para ubicala nas zonas comúns da Facultade de Ciencias da UDC. O proxecto inicial consistía nunha táboa artesanal, en formato mural de 4 x 1.60 m, feita en cartolina sobre un soporte de cartón pluma, na que se recollerían textos divulgativos en galego sobre os elementos, escritos polos alumnos membros da asociación. Neste mural engadiríamos fotos ou pequenas mostras de obxectos cotiáns feitos cos elementos.

DSC01712 - copia.JPG

Mentres preparábamos o soporte e as cartolinas, unha compañeira que estaba de erasmus en Oslo, mandounos unhas fotos dunha táboa xigante na Facultade de Química da Universidade desa cidade, montada con… estanterías de IKEA, e cun resultado fantástico. A ilusión do proxecto, xa comezado, cos textos escritos e as primeiras mostras preparadas, nos fixo plantearnos se podíamos facer algo semellante.

Comezamos a buscar táboas periódicas de grandes dimensións con mostras reais, e atopamos moitas solucións comerciais, como mostras dos elementos en bloques acrílicos ou en viais de vidro dispostas en vitrinas, ou pero non tantas opcións similares á nosa idea.

Imaxes 1-3: Táboa periódica da Facultade de Química da Universidade de Oslo (fotografías: Cristina Rodríguez)
Imaxes 3-8: http://www.periodictable.co.uk
Imaxe 9: https://dublin.sciencegallery.com/elements/

A web de Theodore Gray http://periodictable.com/, as fotos da táboa de Oslo e os exemplos de  http://www.periodictable.co.uk  e mais do museo “Science Gallery” de Dublín (https://dublin.sciencegallery.com/elements/), onde ademais reúnen mostras de forma participativa, inspiraron o noso proxecto.

Para poder levalo a cabo buscamos axuda. Foi clave o entusiasmo dos membros de UDCbigbang e dalgúns profesores da Facultade de Ciencias, como David Esteban e Carlos Platas, e tamén do decanato da mesma, pero non poderíamos levar a cabo este proxecto sen o financiamento da Vicerreitoría de Estudantes e Participación Universitaria da UDC, a través das axudas a actividades de asociacións de estudantes de 2017 e 2018, do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, a través das axudas á ciencia en galego e da Facultade de Ciencias da UDC.

Desplegada

Primeiro deseño da táboa

Deseñamos a táboa, precisamente, para facela con módulos de estanterías para CD de IKEA, unha maneira económica e sinxela, cun resultado moi estético. O armazón está formado por 18 módulos, cortados ás alturas convintes. Na parte traseira, un panel de metacrilato soporta un vinilo translúcido no que están impresos os textos, elaborados polos alumnos e revisados por profesores e o Servizo de Normalización da UDC. Neste vinilo haberá tamén unha pequena descrición do proxecto na parte central sen estanterías. Na parte dianteira disponse un segundo panel de metacrilato que protexerá as mostras, e paneis embelecedores de PVC branco. Finalmente, a táboa contará cun sistema de retroiluminación LED.

As dimensións da montaxe serán 2 m de alto, 3.6 m de ancho e 30cm de profundidade.

Imagen1

Bosquexo do espazo reservado a cada elemento

En cada oco haberá un (moi) breve texto sobre cada elemento, con datos curiosos tales como os seus usos, detalles sobre a súa química, descubrimento, función biolóxica, abundancia, importancia comercial… xunto con información básica: configuración electrónica, estados de oxidación habituais, ano e autor do seu descubrimento e etimoloxía do seu nome e símbolo.

WhatsApp Image 2018-04-16 at 23.42.12.jpeg

Debuxo do aspecto final da táboa, incluíndo os espazos e embelecedores brancos

Imagen3.jpg

Bosquexo realizado durante o deseño e montaxe

Durante o mes de marzo rematamos a construción do armazón, e a escritura dos textos, que se atopan en revisión por parte de profesores de Química Inorgánica e do Servizo de Normalización da UDC.

IMG-20171028-WA0026

As 18 estanterías durante o transporte

12

O armazón da táboa, xusto despois de rematado.

Agora mesmo estamos reunindo mostras para a táboa, e a temos montada (a falta do vinilo cos textos e os metacrilatos) para ir visualizando que obxectos podemos engadirlle.

MOSTRAS DE OBXECTOS COTIÁNS

Elaboramos unha lista de posibles mostras de obxectos cotiáns e obxectos un pouco máis raros. Calquera que teña algún deses obxectos pode aportalo ao proxecto. Hai que ter en conta que moitos dos exemplos caeron en desuso ou son difíciles de encontrar, polo que teremos que mergullar nos caixóns esquecidos de casa para atopalos.

Tamén, se tes acceso a produtos químicos (profesores e investigadores interesados no proxecto), podes consultar a lista de mostras de compostos químicos, elementos puros, e minerais.

MOSTRAS DE COMPOSTOS QUÍMICOS E ELEMENTOS

Agradeceremos moito a vosa aportación e o voso nome figurará nunha sección de contribuíntes ao proxecto.

 

 

 

As cores dos fondos actuais non corresponden coas elixidas para imprimir o vinilo

Deja un comentario:

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s