Presentación

UDCBIGBANG JPEG

UDCbigbang é unha asociación de alumnos da UDC, ideada en 2013 e legalmente fundada en 2014. Os nosos obxectivos son achegar a Ciencia ao público en xeral, nenos e maiores, e facela máis amena tanto a aqueles que teñen algunha relación con ela como aos que non.

Os pilares do noso traballo son o interese e as ganas dos nosos integrantes, alumnos de Bioloxía, Química, Mestrados en varias ramas das Ciencias na UDC e doutoramento; a gran axuda desinteresada que nos prestan algúns profesores da Facultade de Ciencias, e o interese da Universidade e en especial da Facultade de Ciencias, no impulso da nosa actividade.

Para lograr os nosos obxectivos, principalmente organizamos e colaboramos en feiras de pequenos talleres interactivos que explican conceptos científicos sinxelos, e elaboramos material didáctico. También participamos en ciclos de charlas, exposicións, facemos visitas a colexios e institutos e colaboramos con outras entidades na creación de espazos de ciencia cidadá e divulgación do coñecemento.

Aquí podes consultar a memoria de actividade desde a nosa creación, actualizada en febreiro de 2018:

Actividad UDCbigbang 2019

 

COLABORACIÓNS E PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS E EVENTOS: